viernes, 17 de abril de 2020

XOGO DE ENCESTAR!!!

Que vos parece si construimos un xogo de encestar??  Precisades moi poucas cousas:
  • Unha botella de plástico baleira co tapón.
  • Tesoiras.
  • 50 cm. de lá, cordel ou fío groso.
  • Papel de xornal ou revista.
  • Cinta adhesiva.
Proceso:
  1.  Cortamos a botella de plástico pola metade. Podemos darlle a forma que queiramos e incluso decorala. Deixade voar a súa imaxinación!!

2. Atamos un extremo da lá arredor da zona do tapón da botella.
3. Facemos unha bola cun anaco de  papel de xornal e atámoslle a lá. Despois  recubrímola con cinta adhesiva. Tamén se pode recubrir con panos da mesa de papel e pegalos con cola branca. Esto nos permitirá que logo a poidamos pintar con pintura de dedos.
E listos para xogar!!!
Agardamos as fotos das vosas creacións !!!


0 comentarios:

Publicar un comentario

 

tiliños Copyright © 2011 Designed by Ipietoon Blogger Template and web hosting