Os paseos que están dando estes días son moi importantes, significa voltar a "normalidade" pouco a pouco. Deben convertirse en punto de conversa:
- Como te sentiches?
- Que foi o que máis che gustou?
- Houbo algo que non che gustase?
- Botaches algo de menos?
Podemos incluso recoller algún pequeno tesouro da natureza: unha folla, unha flor, un pequeno pao ...
A volta podemos facer un pequeno debuxo, pegar o noso tesouro, escribir o nome e ir construindo pouco a pouco a nosa "Libreta dos tesouros".
0 comentarios:
Publicar un comentario