Colocaremos diferentes coxíns ou botellas separados uns de outros creando un circuito e ao final un cesto/caixa con diferentes elementos: un calcetín, un sombreiro, unha diadema, unha bufanda, un bolso, unha luvas, unha máscara ... que serán os elementos que nos libren dos perigos.
Os nosos superheroes/superheroínas terán que ir superando os obstáculos cada vez dun xeito diferente: saltando, bordeándoos, pasando por enriba,.. ata chegar ao final. Unha vez que cheguen terán que poñer un elemento da caixa e volver a facer todo o circuito doutro xeito diferente. Así ata que cheguen a poñer todos os elementos que estén na caixa.
ÁNIMO!! VÓS SODES OS VERDADEIROS SUPERHEROES E SUPERHEROÍNAS!!
0 comentarios:
Publicar un comentario