jueves, 2 de abril de 2020

XOGANDO COAS MATEMÁTICAS!!

O xogo de hoxe é moi fácil de facer. Tan só se precisan folios, post-it e un rotulador. Con él repasaremos a asociación número e cantidade. Poden axudarnos os nen@s a construilo. 
Faremos 9 casiñas e no tellado colocaremos os nº do 1 ata o 9. 


Logo nos post-it debuxaremos:
  • Triángulos 
  • Raias
  • Puntos
  • Nº do 1 ao 9
Tal como vemos na imaxen.

Unha vez debuxados mesturamos todo. O xogo consistirá en colocar en cada casa os triángulos, raias, puntos e números que lle corresponda.


Agardamos que o pasedes ben con este novo xogo!!!  A coidarse moito!!




0 comentarios:

Publicar un comentario

 

tiliños Copyright © 2011 Designed by Ipietoon Blogger Template and web hosting