Propoñémosvos unha ficha que podedes imprimir na que tedes que colorear os obxectos que empecen pola letra "U
". Ao rematar, poden escribir debaixo o nome de cada obxecto. Permitídelle que o escriban como eles/elas saiban. Se non é a forma correcta escribídella vós e logo eles/elas que copien. Lembrade que se empregan as letras maiúsculas.
Por detrás da ficha poden escribir a data na que a fagan, por exemplo: VENRES 17 ABRIL 2020, como faciamos na clase.
Debaixo poden escribir o seu nome e apelidos. Se é preciso escribídelle vós os apelidos e que eles os copien. Non esquenzades de escribir en maiúsculas!!!
0 comentarios:
Publicar un comentario