Os xogos de construcións son moi doados para o desenrolo da motricidade así como da creatividade. Nesta ocasión imos propoñer unha actividade que consiste en facer construcións con escarvadentes e plastilina. Podedes crear multitude de formas diferentes, dende casas, pontes ou simplemente esculturas abstractas!
Para iso precisades:
- Escarvadentes.
- Plastilina (se non tedes plastilina na casa, no blog atoparedes un vídeo explicativo de cómo facela) tamén podedes empregar garavanzos. Non esquenzades poñelos en remollo!!
Se queredes podedes enviarnos fotos das vosas construcións ao noso correo electrónico.
0 comentarios:
Publicar un comentario