viernes, 3 de abril de 2020

A RECICLAR!!!

Neste curso estivemos traballando a reciclaxe. Podemos aproveitar estas data para facer un coelliño no que poidamos meter algunha lambonada.  Neste caso podemos aproveitar os cartóns do papel hixiénico
Materiais precisos:

  • Cartón de papel hixiénico.
  • Rotuladores.
  • Tesoiras.
  • Pegamento.
  • Pintura branca e rosa.
  • Folios.
Preparados??
  1. Pintamos o cartón de papel hixiénico con pintura branca.
  2. Debuxamos nun folio as orellas que pintamos de rosa  e branco , o mesmo cos pés que pintamos de rosa e un pequeno triángulo rosa que nos servirá de nariz
  3. Pegamos as orellas
  4. Debuxamos  no rolo de papel hixiénico cun rotulador negro os 2 ollos, pegamos o nariz e debuxamos a boca e os bigostes
  5.  Pegamos os pés na parte inferior
E xa está listo o noso coelliño. Que vos parece?? É moi sinxelo!! Veña a que estades agardando!!


0 comentarios:

Publicar un comentario

 

tiliños Copyright © 2011 Designed by Ipietoon Blogger Template and web hosting