miércoles, 6 de mayo de 2020

IMOS DE PERRUQUERÍA!!

Pouco a pouco imos voltando a vida normal. E xa abriron as perruquerías!!. Xa podemos ir a cortar o pelo e poñernos guapos e guapas.
Hoxe imos a mandar a noso amigo/a  "Tilo" ou "Tila" á perruquería.
Precisamos:
  • Folios
  • Rotuladores
  • Pinturas
  • Pinzas de cores ou macarróns, plastilina...
O primeiro que temos que facer e debuxar10 caras ben grandotas, podemos axudar todos a pintalas. 
Logo facemos 10 cadrados e en cada un escribimos un número do 1 ao 10.
Según o número que elixamos temos que poñerlle ao noso amigo/a  pinzas, churros de plastilina ou macarróns  a modo de pelo. 












Pódese complicar xogando cos amigos do  número 10. Nós colocamos uns macarróns ou pinzas e eles teñen que completar ata que o noso amigo teña 10 pelos.
Ánimo perruqueiros e perruquiras!! A deixar ben guapo/a ao noso amigo/a

0 comentarios:

Publicar un comentario

 

tiliños Copyright © 2011 Designed by Ipietoon Blogger Template and web hosting