jueves, 30 de abril de 2020

HORA DO CONTO!! EMOCIÓNS

Hoxe  propoñemos un conto moi especial "Así es mi corazón" de Jo Witek


Pensaches algunha como é o teu corazón? Que cores brilan nel? Que cousas danlle vida? Abride voso corazón... e logo decóraodeo 
Agardamos todos os vosos corazóns!! Coidaros moito!! 

Un bico moi grande das vosas titoras!!

BOA FIN DE SEMANA!!

LIBRETA DE TESOUROS!!

Os paseos que  están dando estes  días son moi importantes, significa voltar a "normalidade" pouco a pouco. Deben convertirse en punto de conversa: 
  • Como te sentiches?
  • Que foi o que máis che gustou?
  • Houbo algo que non che gustase?
  • Botaches algo de menos?
Podemos incluso recoller algún pequeno tesouro da natureza: unha folla, unha flor, un pequeno pao ...
A volta podemos facer un pequeno debuxo, pegar o noso tesouro, escribir o nome e ir construindo pouco a pouco a nosa "Libreta dos tesouros".

IMOS XOGAR COAS LETRAS!!

Hoxe preséntamosvos un xogo de letras coas que teredes que ir formando palabras. Estade moi atentos!! Pinchade na imaxen para empezar a xogar.

HORA DO PASEO!!

Que sorte que xa podemos saír a dar un pequeno paseo. Debedes de lembrar unha serie de consellos:

TRES EN RAIA!!

Hoxe compartimos unha proposta que nos fai a nosa amiga Vera: construir un xogo do 3 en raia.
Material que precisamos:

  • 1 cartón
  • 6 tapóns  (3 dunha cor e 3 doutra). Se non tedes de difetentes cores  podedes diferencialos  cun gomet ou escribindo unha letra. 
  • Tesoiras
  • Pintura
Como se fai?
  1. No cartón debuxamos un cadrado  do tamaño que vos queirades por exemplo (15x15 cm) e recortámolo
  2. Dividimos o cadrado a súa vez en  9 cadrados cun lapis. O neno/a pode repasar por enriba das liñas de lapis con pintura de dedos. E xa temos feito o taboeiro!!
  3. Preparamos os tapóns
Xa está listo para empezar a xogar. Quen se anima a botar unha partidiña!!!

OS TRABALLOS DE EVA!!


Eva quiere enseñarnos uno de sus juguetes favoritos con los que pasa unos momentos divertidos. Así como los trabajos que va haciendo en su pizarra. ¡Genial Eva! Muchas gracias.

miércoles, 29 de abril de 2020

HORA DO CONTO!!

Hoxe propoñémosvos un conto de Eric Carle que disfrutamos grazas a Aula de Elena: "La oruga glotona"

OS TRABALLOS DE VERA!!

Vera quere compartir con todos nós os traballos que vai facendo. Mirade cantas cousas fai: cociña, debuxa, pinta, xoga coas letras, escribe e conta os días que faltan para voltar a vernos. Moi ben Vera!! Xenial!!













ADIVIÑAS!!

Andamos a voltas cos animais que viven no mar, pois xa está máis preto o verán.
Hoxe propoñémosvos un reto: adiviñar de que animal estamos a falar. Estades preparados???
Precisamos a axuda dun maior que vos lea amodiño a adiviña.
Agora tedes que facer o seguinte:

  1. Buscade onde hai un número e rodeádeo.
  2. Buscade a palabra "PATAS" e métedea nunha roda. Podedes escribirlla nun papel aparte. Que se fixen cal é a primeira letra e cal é a última. 
  3. Buscade a solución e escribide o nome do animal na liña de abaixo . Deixádelle que escriban como eles saiban. Logo lédelle o que o neno/a escribiu. Se non é a forma correcta escribídella vós ben e que él/ela a copie.
  4. Facede un debuxo do animal ao que corresponde a adiviña.
 Agardamos as vosas solucións!! A pensar!!

Ah!! Non esquenzades poñer o nome e apelidos por detrás e a data.

ANIMAIS MARIÑOS


Nos mares, ademáis de peixes, conviven outros moitos animais. Aquí vos deixamos dous videos para que os descubrades .


SIGO CONTANDO.

Conto cantos hai e escribo o número. Despois coloreo e escribo de lado de cada cousa o nome.

martes, 28 de abril de 2020

HORA DO CONTO

O conto de hoxe titúlase "Paco Papán" que conta a historia dun neno un pouco lacazán  e non lle gusta traballar.


Se queredes tamén  podédesvos  animar a cantar a canción.

XOGAR COAS LETRAS

Propoñémosvos un reto: buscar obxectos  que empecen con algunhas letras.
  1. Colleremos 3 anacos de papel e en cada un  o neno/a escribirá unha letra a que él queira pode ser vogal ou consonante, as do seu nome, ...
  2. Pegaremos a letra nun bote ou recipiente.
  3. Buscaremos pola casa obxectos, alimentos, xoguetes,... que o seu nome empece por esa letra e meterémola no recipiente correspondente.
Procurade facerlle mención ao son da letra, en lugar do nome da letra e que centren a atención en elementos do día a día.
Esta actividade manterase  ao longo da semana porque co paso dos días poden ir atopando máis obxectos. 
Podemos adaptar a actividade ao nivel do neno/a e empezar buscando por unha sílaba: "PA", "TA", "NA"... e logo por unha letra.
¨
Ánimo!! A ver cantos obxectos atopades!!

SUPERHEROES E SUPERHEROÍNAS!!

Imos preparar na nosa casa un verdadeiro circuito a proba de superheroes e superheroínas para facelo podémonos disfrazarcomo fixo o noso amigo Antón ou con elementos caseiros.



Colocaremos diferentes coxíns ou botellas separados uns de outros creando un circuito e ao final un cesto/caixa con  diferentes elementos: un calcetín, un sombreiro, unha diadema, unha bufanda, un bolso, unha luvas, unha máscara ... que serán os elementos que nos libren dos perigos.
Os nosos superheroes/superheroínas terán que ir superando os obstáculos  cada vez dun xeito diferente: saltando, bordeándoos, pasando por enriba,.. ata chegar ao final. Unha vez que cheguen terán que poñer un elemento da caixa e volver a facer todo o circuito doutro xeito diferente. Así ata que cheguen a poñer todos os elementos que estén na caixa. 
ÁNIMO!! VÓS SODES OS VERDADEIROS SUPERHEROES E SUPERHEROÍNAS!!

OS DEBUXOS DE CARLA!!

A nosa amiga Carla  quere compartir con nós os seus  debuxos. Mirade bonito lle quedou!! Xenial!!  A seguir así!!
 


OS XOGOS DE ENZO!!

O noso amigo Enzo quere recomendarnos varias cousas:

  • O xogo da mariola, no que participa toda a familia e divírtense moito.
  • A pintura para as ventás coas que están decorando toda a casa. Mirade que chulas lle quedan!!
  • Un xogo que él mesmo se inventou no que lembra os nomes dos seus amigos/as da clase.
Moitas grazas Enzo e tomamos boa nota das túas recomendacións!! A seguir xogando!!





MÁIS TRABALLOS DE JULIA

A nosa compañeira Julia segue traballando moito na súa casa como se ve nas fotos que quere compartir con nós, as veces faino coa súa irmá Martina. Moitas grazas Julia!!
Tamén  ten tempo para axudar  a preparar algunhas  receitas. Que ricas madalenas!! Bo proveito!!






lunes, 27 de abril de 2020

OS PEIXES

Hoxe vos traemos un interesante video para coñecer mais sobre eses animais tan variados e múltiples que habitan as nosas augas.
 
 

REPASO OS NÚMEROS!

Imos practicar a grafía dos números e a grafomotricidade, intentando non sair dos puntiños. Primeiro co lapis, logo co rotulador. Podo colorear as ras e escribir RA.

HORA DO CONTO!!

Hoxe propoñémosvos o conto "Las jirafas no pueden bailar"  de la escritora  Giles Andreae. En África se celebra todos los años un baile, Chufa quiere participar pero sabes...¡¡¡las jirafas no pueden bailar!!!

MÁIS TRABALLOS DE IVÁN!

Miña nai! Seguen chegando traballos de Iván que está que non para. Escribiu o nome dos seus compañeiros/as e meteunos nunha limusina porque dí que así imos a ir ao parque todos xuntos, eu tamén me apunto!


Ten unha serie numérica enorme:
 

 
E moitas máis cousas que fixo:


 

XOGAMOS A CONTAR!!

Hoxe imos a contar con un xogo en liña e logo arrastra o número ata a casiña.
Estades preparados/as?? Clica  na imaxen.

O NOSO PRIMEIRO DÍA DE PASEO!!

Onte para todos vós foi un día moi especial. Despois de 6 semanas metidos na casa, permitiuse que todos os nenos/as puidesen saír a pasear. Por fin!!!
Xenial!! Para iso teríades  que cumprir unha serie de normas que seguro que fixestes moi ben porque sodes moi responsables.
Que vos parece se facemos un debuxo dese primeiro paseo?? Con quen fuches?? Levaches algún xoguete?? Como o pasaches?? Como te sentiches??

Ánimo!! Lembrade escribir por detrás o nome e apelidos e a data de hoxe. Podedes tamén escribir o nome de xoguete que levastes ou da persoa que vos acompañou.
Agardamos os debuxos do voso paseo.  Un bico grande!!

OS TRABALLOS DE JULIA!!

Julia tamén traballa moito na súa casa. Mirade cantos cousas fixo!! Encántalle escribir e debuxar!!
 E logo para rematar...tivo  un ratiño para ver o conto que leu a profe Inma.
Moi ben Julia!! Continúa así!!   

OS TRABALLOS DE ANTÓN!!

Antón tamén está a traballar moito na súa casa. Fixo a  súa pequena plantación e mirade que bonitas ten as súas plantas e tamén ten tempo para xogar cos números, algo que lle encanta. Un verdadeiro especialista en números!! Xenial!!
Vedes a ese superheroe que escribiu os nomes de todos os nenos/as da clase!! Quen será??
Moitas grazas Antón!! Por lembrarte de todos nós!! A seguir así!!!


DEBUXAMOS AMIGOS!!

Propoñémosvos un reto!!! Imos debuxar aos nosos amigos partindo de formas xeométricas. É moi sinxelo!!

  1.  Primeiro teremos que pedirlle a un maior que nos debuxe cadrados, triángulos e rectángulos en diferentes tipos de papeles de regalo, de revistas...
  2.  Imolos recortar. Lembrade ir polas liñas!! Algúns precisan algo de axuda.
  3. Pegamos as figuras xeométricas nun folio. Tratade de respectar a distancia de seguridade!!
  4. Completamos as figuras humanas debuxando: cabeza, brazos, mans, pernas e pés. 
Seguro que vos quedan unhas personaxes moi divertidas!! Podedes completalas como queirades!! E poñerlle os nomes debaixo!!


sábado, 25 de abril de 2020

OS TRABALLOS DE BRUNO!


 Bruno tamén quixo compartir parte do seu traballo. Fixádevos que escribeu o nome de tódolos compañeir@s e ata os colocou nas mesas. Fixéchelo moi ben Bruno!                                           
 




OS TRABALLOS DE EMMA CASTRO!

A nosa compañeira, Emma Castro, tamén nos enviou algunhas das cousas que está a facer estes días na casa para pasar o tempo e seguir aprendendo. Moi ben Emma e moitas grazas!







 

tiliños Copyright © 2011 Designed by Ipietoon Blogger Template and web hosting