martes, 31 de marzo de 2020

HORA DO CONTO!!

"Monstruo rosa" é o conto seleccionado para hoxe. A súa autora Olga de Dios tamén é a ilustradora. Nel narrase unha historia para entender a diversidade como elemento enriquecedor.

LECTOESCRITURA!!

Hoxe recomendámosvos un xogo para practicar a lectoescritura. Na pantalla aparece unha imaxen dun animal e debaixo unhas letras. Tedes que acertar as letras que se precisan para completar o nome do animal.  Familia, podedes axudarlle pronunciando o nome  despaciño.

MOVERSE COAS MATEMÁTICAS!!

Ímonos a mover un pouco. Construimos no chan a recta numérica dende o 1 ata o 10 cunha pintura, xiz ou cina. Os nen@s poden axudarnos.

Xogos que podemos facer:

  • Contar e recitar os números camiñando ou saltando sobre a recta.
  • Poñernos nun número e preguntar cal é o seguinte.
  • Pedirlle que se coloque nun número determinado e que conte cantos pasos tivo que dar dende o número 1 para colocarse onde lle mandamos.
  • Elexir un número e pedirlle que se coloque cerca ou lonxe deste número.
  • Xogar a dar saltos dende un número ata outro que elixamos e contar cantos saltos demos para chegar alí.
  • Contar e camiñar sobre os números cara atrás.
E todos aquelas variantes  que vos podades crear.

lunes, 30 de marzo de 2020

HORA DO CONTO!!

O título do conto de hoxe é:"O moucho aburrido" contado por Paula Carballeira escritora, contacontos e actriz. Moitas grazas por facernos máis divertidos estos días.  Logo podedes facer un debuxo do moucho  tan forte, alegre e con eses ollos tan abertos..., así como os amigos cos que se atopa.

LECTOESCRITURA!!

Hoxe temos unha ficha como as que facemos no cole. Se queredes podedes imprimila. Non esquenzades escribir o nome e apelidos por detrás. Se queredes tamén podedes poñer a data:
 LUNS 30 MARZO 2020
Coidadevos moito!! Saúde para tod@s!!

UN POUCO DE MATEMÁTICAS!!

Arrancamos outra semana lembrando o xogo das regletas. Podedes xogar de varios xeitos: Ordenalas, pintalas, sumalas,...

http://ares.cnice.mec.es/matematicasep/a/2/ca2_05.html

viernes, 27 de marzo de 2020

PASATEMPOS!!

Nestes momentos que non podemos saír da casa estase facendo moi famoso o xogo do bingo. Queredes xogar? Estade moi atentos aos números que van saíndo!!
https://arbolabc.com/juegos-de-numeros/bingo-de-numeros-1-10

HORA DO CONTO!!

O conto de hoxe titúlase "A cebra Camila" da escritora Marisa Núñez e ilustrado por Oscar Villán. Grazas ao CEIP Coirón de Dena  por este vídeo que compartimos.

DÍA MUNDIAL DO TEATRO

Que tal seguides? Xa pasou outra semana, chegamos a venres!! Hoxe é un día especial: o Día Mundial do Teatro. Para celebralo propoñémosvos converter unha caixa de galletas ou cereais baleira nun divertido títere.
Materiais precisos:
  • Folios 
  • Tesoiras
  • Pegamento
  • Pinturas e rotuladores.
Modo de facelo:

1. Cortamos a caixa pola metade e dobrámola.


cere3


  2. Debuxamos e pintamos  a cara do noso títere e recortámola pola metade.
  
 3. Debuxamos un rectángulo coas medidas da nosa caixa,  pintámolo de cor rosa e pegámolo  na parte superior da caixa.
cere12
4. Pegamos as pezas que forman a cabeza na caixa.
cere13
E xa está só temos que meter o noso dedo polgar na parte inferior  da caixa e o resto na parte superior para así poder abrir e pechar a boca e darlle vida ao noso títere.
cere14
Agora a botarlle imaxinación e a crear os vosos propios personaxes!!!

jueves, 26 de marzo de 2020

HORA DO CONTO!!

O conto de hoxe titúlase: "A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza" de Werner Holzwarth e ilustrado por Wolf Erlbruch.

IMOS CANTAR!!

Aquí tedes unha canción para lembrar a importancia de empregar as "palabras máxicas".

MATERIAL PARA IMPRIMIR!!

Aquí tedes un enlace con fichas para traballar a relación número e cantidade.
http://somebooks.es/coleccion-de-fichas-infantil-de-4-anos-2/17/#

LECTOESCRITURA!!

Hoxe propoñémosvos unha forma diferente e máis motivadora de acercarnos á lectoescritura.  Aproveitaremos  os tapóns dos cartóns de leite ou outra bebida, que nos permitirá, ao enroscalos,  tamén desenvolver a  motricidade fina así como a coordinación ollo-man.
Prepararemos un tablón con un cartón como o seguinte que amosamos. Os nen@s tamén poden colaborar na súa confección.
Precisamos:

  • Cartón
  • Tapóns de cartóns de leite ou outra bebida.
Pegamos a zona de enroscar do tapón ao cartón con pegamento e na parte superior  do tapón escribimos, en cada un,  unha letra do abecedario en maiúscula.
Debuxamos na parte esquerda un rectángulo que é onde colocaremos os obxectos dos que formaremos o nome. Podemos pedirlle aos nen@s  que logo  copien o nome nun folio e que fagan ao lado un debuxo.
Outras formas de traballar:

  • Podemos nós escribir a palabra e logo eles que a formen cos tapóns.
  • Poden formar a palabra e logo copiala.
  • Podemos colocar a primeira e a última letra e eles que busquen as do medio.
  • E todas aquelas variantes que poidades imaxinar.
Lembrade acompañar ao nen@ e ler con él/ela a palabra que vaia formando, para se comete algún erro poida correxilo.

Seleccionade obxectos cotiáns do nen@  ou mesmo xoguetes.
A xogar!!

miércoles, 25 de marzo de 2020

HORA DO CONTO!!

Hoxe o noso conto é: "Corre, corre cabaciña" da escritora Eva Mejuto Rial e ilustrado por Andre Letria.

IMOS CANTAR!!

Nestes días facede moito fincapé no hábito de lavar as mans. Esta canción de Migallas pode facelo máis divertido. A cantar!!!

CHEGOU A PRIMAVERA!!!

Hoxe propoñémosvos un experimento: plantar unha semente, pode ser unha faba, unha lentella, un garavanzo..
Para isto precisamos:

  • Un bote de plástico ou cristal.(Mellor se é transparente para poder observar as raíces)
  • Unha faba, lentella ou garavanzo
  • Un pouco algodón
Lavamos o bote e colocamos nel un pouco algodón. Logo colocamos   a semente e outra vez algodón. Despois botámoslle un pouco de auga.
 Xa está!!! Colocamos o noso bote preto dunha ventá para que poida recibir a luz do sol. Teremos que lembrar regala un pouquiño cada día.
No bote pegarémoslle un papel co nome da semente e a data da plantación para ver cantos días tarda en brotar.
Mans a obra que a primavera xa chegou!!
Se queredes nos  podedes facer chegar ao correo das profes as fotos das vosas plantacións!!
Grupo 4 anos A: inma.4a.titoria@gmail.com
Grupo 4 anos B: marycarmen.4b.titoria@gmail.com


martes, 24 de marzo de 2020

PASATEMPOS

E agora a xogar un pouco!!.  Preparádevos porque agora seremos  detectives e trataremos de buscar as diferenzas. Ánimo!!
https://clic.xtec.cat/projects/buscadif/jclic.js/index.html

HORA DO CONTO!!

Hoxe queremos faceros unha proposta moi singular. Loida Fernández contanos un conto  moi especial: "O virus que perdeu a súa coroa". Moitas grazas por estas iniciativas tan chulas que xurden na rede!!
Animádevos a intentalo vós cos  vosos cativ@s!!

UN POUCO DE EXERCICIO!!

Ola familias!! Como levades esta etapa que nos toca vivir??? Hoxe que é martes nos tocaría psicomotricidade, así que toca facer algo de exercicio pero na casa. Aquí deixamos algúns vídeos que atopamos na rede que nos pode dar ideas de algúns exercicios:

 Tamén podedes bailar, varrer, axudar a facer as tarefas da casa...!! Todo iso tamén implica facer exercicio!!

lunes, 23 de marzo de 2020

MATERIAL PARA IMPRIMIR

Compartimos algúns enlaces que podedes empregar e descargar as actividades que se propoñen para repasar as matemáticas:
https://www.orientacionandujar.es/2018/10/17/coleccion-de-fichas-para-unir-por-puntos-del-1-al-10/
https://www.orientacionandujar.es/2018/09/18/conjunto-de-fichas-para-unir-por-puntos-1-al-10/

HORA DO CONTO!!

Hoxe toca un en galego... "Carabuñas" grazas ao CEIP Corirón de Dena.

LECTOESCRITURA

Nestes días que nos toca estar lonxe de avó/as, familia, amigos/as... á que tanto queremos, propoñémosvos unha actividade para traballar os nomes propios . Só precisades unha foto e pinzas de madeira . Imos logo!!!
Nun folio pegades unha foto e escribides ao lado o seu nome en letras maiúsculas.  Logo escribide as letras do abecedario nas pinzas.
Os nenos terán que escoller as letras precisas para compoñer o nome de cada un  dos membros das súa familia. Primeiro podemos facelo dándolle o modelo e logo sen modelo.
Así tamén se dan conta de que os avós/as e o resto da familia  tamén teñen nome!!!


Agardamos vernos pronto!! Moita saúde para tod@s e biquiños !!

domingo, 22 de marzo de 2020

IMOS CANTAR !!!


Ao longo do curso traballamos algunhas cancións a hora da asemblea. A continuación deixámosvos os enlaces para que estes días as escoiten tamén na clase:

  • Para o saúdo


  • Para repasar os días da semana:


  • Para os meses do ano:







sábado, 21 de marzo de 2020

DÍA MUNDIAL DA POESÍA

Para festexar este día, hoxe toca ler un pouco de poesía. Propoñémosvos que lle leades aos nenos este poema de Ana Mª Fernández:
Resultado de imagen de a bruxa feluxa
Podedes facer algunhas actividades como:

  • Buscar no poema a palabra BRUXA 
  • Facer un debuxo da bruxa.
Pero nun día coma este non nos podemos esquencer de Rosalía de Castro, aquí tedes un vídeo co poema "Parece unha rosa" interpretado polos nen@s do CEIP Vista Alegre.

BOTA UNHA CARTA !!

Hoxe recomendámosvos inicialos no xogo das cartas. Son unha fonte de actividades matemáticas, favorecen o cálculo, axudan a crear estratexias e gústalles moito. O único que precisades é unha baralla española. Aquí vos deixamos algúns xogos de exemplo:
  • Ordenalas de menor a maior.
  • Xogar ao cinquillo: No medio colocamos os cinco de cada pau e o resto de carta repártense. Cada xogador  deberá mirar se pode colocar algunha carta en sentido ascendente ou descendente, respectando a serie numérica. Se non pode deberá pasar ao seguinte xogador. Gaña o que antes remate as cartas.
Resultado de imagen de juego del cinquillo


  • Xogo: Gana a maior: Repartimos a cada xogador 3 cartas e imos botando de unha en unha. O que saque a de maior valor gaña.
  • Xogar a facer parellas que sumen 10
Resultado de imagen de amigos del 10 con baraja

viernes, 20 de marzo de 2020

HORA DO CONTO !!!

Para hoxe propoñémosvos un conto en lingua castelán: "El Pez Arcoiris" e logo xa sabedes a facer o voso.

miércoles, 18 de marzo de 2020

A HORA DO CONTO!!

Hoxe facémosvos esta proposta de conto: O grúfalo. Agardamos que vos guste. Logo podedes facer un debuxo do protagonista. Non esquenzades gardar todos os debuxos para logo ensinalos!!!


FACEMOS PLASTILINA CASEIRA

Invitámosvos a facer un pequeno experimento. Que tal si elaboramos plastilina. Aquí vos deixamos un vídeo explicativo. É moi sinxelo!!


 

tiliños Copyright © 2011 Designed by Ipietoon Blogger Template and web hosting