viernes, 8 de mayo de 2020

TANGRAM!!

Un tangram é un crebacabezas chino formado por 7 pezas poligonais (5 triángulos, 1 cadrado e 1 romboide) . O xogo consiste en formar figuras empregando todas as pezas e sen superpoñelas.
Hoxe propoñémosvos facer o voso tangram "caseiro". Precisaremos a axuda dun maior para o debuxo das pezas pero é moi sinxelo.
Materiais que precisamos:

  • Cartón
  • Regra
  • Lapis
  • Tesoiras ou cúter.
  • Rotuladores, pintura de dedos, témpera ou cores para decoralo.
Como o facemos?
  1. Debuxamos no cartón un cadrado de 12 x 12 cm.
  2. Marcamos as diagonais do cadrado.
  3. En 2 lados facemos unhas marcas  que o dividan en  30, 30 e 60 mm.
  4. Unimos as marcas segundo amosa o debuxo.
  5. Borramos as liñas que non precisamos.
  6. Cortamos as pezas cunha tesoira ou cúter.
  7. Pintamos as pezas das cores que elixamos.

E xa está listo para empezar a xogar!!! A construir moitas figuras de animais, 
Aquí tedes un exemplo das moitas figuras que podedes formar.

Boa fin de semana!! Coidádevos moito!

0 comentarios:

Publicar un comentario

 

tiliños Copyright © 2011 Designed by Ipietoon Blogger Template and web hosting