jueves, 7 de mayo de 2020

GRAZAS FAMILIAS!

Ola familias! Con estas letras querémosvos agradecer toda a vosa implicación e dedicación nestes días tan complicados e estraños. Dámosvos as grazas por estar ahí facendo de mestres e combinando esta tarefa coa que xa tiñades de pais e cos vosos traballos. Sabemos que non para tod@s é doado, por iso o valoramos moito e agardamos a que esta situación mellore o antes posible e poidamos voltar de novo ás aulas a aprender, compartir, cantar, xogar...
Agradecemos moito os vosos correos, emocionámonos sabendo de vós e vendo como ides pasando o día a día. Nestes momentos sodes a nosa motivación. Sabedes que aquí nos tedes para o que precisedes.
Un saúdo e moitas apertas para tod@s das vosas titoras.

0 comentarios:

Publicar un comentario

 

tiliños Copyright © 2011 Designed by Ipietoon Blogger Template and web hosting