Primeiramente hai que debuxar no chan cun xiz unha serie de casiñas ás que hai que enumerar do 1 ao 10. Aquí tedes un exemplo aínda que hai moitas variantes.
Para comezar, tírase a pedra ou china na casiña nº1 e vaise saltando todas as casiñas, agás na que ten a pedra. Nas casiñas que están a par ( por exemplo 2 e 3), poñerase un pé en cada unha das casiñas simultaneamente. Ao chegar a nº 10 rematamos.
Procurade que vaian dicindo o número da casiña ao que saltan.
Ánimo!! Enzo contounos que se divertira moito, probade e xa veredes.
Un bico grande!!
0 comentarios:
Publicar un comentario