Xogos que podemos facer:
- Contar e recitar os números camiñando ou saltando sobre a recta.
- Poñernos nun número e preguntar cal é o seguinte.
- Pedirlle que se coloque nun número determinado e que conte cantos pasos tivo que dar dende o número 1 para colocarse onde lle mandamos.
- Elexir un número e pedirlle que se coloque cerca ou lonxe deste número.
- Xogar a dar saltos dende un número ata outro que elixamos e contar cantos saltos demos para chegar alí.
- Contar e camiñar sobre os números cara atrás.
0 comentarios:
Publicar un comentario