Hoxe propoñémosvos unha forma diferente e máis motivadora de acercarnos á lectoescritura. Aproveitaremos os tapóns dos cartóns de leite ou outra bebida, que nos permitirá, ao enroscalos, tamén desenvolver a motricidade fina así como a coordinación ollo-man.
Prepararemos un tablón con un cartón como o seguinte que amosamos. Os nen@s tamén poden colaborar na súa confección.
Precisamos:- Cartón
- Tapóns de cartóns de leite ou outra bebida.
Debuxamos na parte esquerda un rectángulo que é onde colocaremos os obxectos dos que formaremos o nome. Podemos pedirlle aos nen@s que logo copien o nome nun folio e que fagan ao lado un debuxo.
Outras formas de traballar:
- Podemos nós escribir a palabra e logo eles que a formen cos tapóns.
- Poden formar a palabra e logo copiala.
- Podemos colocar a primeira e a última letra e eles que busquen as do medio.
- E todas aquelas variantes que poidades imaxinar.
Seleccionade obxectos cotiáns do nen@ ou mesmo xoguetes.
A xogar!!
0 comentarios:
Publicar un comentario