viernes, 19 de junio de 2020

MOITAS GRAZAS!!

QUERIDAS FAMILIAS, NENOS E NENAS:

ANTES DE NADA QUEREMOS AGRADECERVOS O VOSO TRABALLO QUE FIXESTES NESTES ÚLTIMOS MESES. SABEMOS QUE FOI UNHA SITUACIÓN MOI ESTRAÑA PARA TODOS E QUE NON FOI SINXELO PARA NINGUÉN.
AGRADECÉMOSVOS O GRAN ESFORZO QUE FIXESTES PARA LEVAR A CABO AS PROPOSTAS QUE VOS IBAMOS DEIXANDO NO BLOGUE E A VOSA IMPLICACIÓN EN TODAS E CADA UNHA DELAS. 
POLA NOSA PARTE INTENTAMOS DAR O MELLOR DE NÓS PARA CUMPRIR COAS VOSAS EXPECTATIVAS. AGARDAMOS QUE AS ACTIVIDADES QUE PROPUXEMOS VOS GUSTASEN E AXUDASEN NALGÚN MOMENTO. 
GRAZAS TAMÉN  AOS NENOS E NENAS DE 4 ANOS.  CADA UN SOUBO FACER A SÚA APORTACIÓN PARA FORMAR ESTE GRANDE EQUIPO. DURANTE  ESTES DOUS CURSOS QUE LEVAMOS XUNTOS APRENDIMOS A  QUERER, RESPECTAR E DISFRUTAR DE CADA ACTIVIDADE QUE FIXEMOS. ASÍ CONTINUAREMOS NO VINDEIRO CURSO NO QUE SERÁN OS MAIORES DE EDUCACIÓN INFANTIL E SEGUIREMOS APRENDENDO UN MONTÓN DE COUSAS.
DESEXÁMOSVOS UN FELIZ VERÁN. DESFRUTADE DOS VOSOS FILLOS/AS, LÉDELLE MOITOS CONTOS, CANTADE, BAILADE... APROVEITADE AO MÁXIMO O TEMPO!!
NON AGARDEDES A TELO TODO PARA DISFRUTAR DA VIDA, XA TEMOS UNHA VIDA PARA DISFRUTAR DE TODO!!!
VÉMOSNOS EN SETEMBRO!! FELIZ VERÁN!!
UN MILLEIRO DE BICOS!!

AS TITORAS

0 comentarios:

Publicar un comentario

 

tiliños Copyright © 2011 Designed by Ipietoon Blogger Template and web hosting